1/08/2007

Tormenta de area

Pensabas que non. Pensabas que podias, que desta ias dar aguantado. Pronto entrarias en razon. Comezou todo por unha inquietude, unha dubida que pouco a pouco se ia agolpando na tua cabeza, (coma nun xuizo de animais de debuxos animados, onde un tribunal de paxaros acusate sen parar). Despois converteuse nun medo, o pulso comezou a temblar, e respiracion entrecortase, e ti que non queres afogar emites un longo suspiro. Ese suspiro dache unha tregua, que non e mais que un engano, no fondo sabes que e inevitable. Coma nunha tormenta de area. Protexeste de mil maneiras, agochaste dentro das tuas roupas, incluso con alguna capa de mais por riba para que te defenda. (Sinteste unha cebola, esa idea leva cara o que sempre pensamos que seria o fin disto). Engrunhaste en ti mesmo, recolleste todo nun intento desesperado para protexerte, pero e inevitable. A area implacable entrara nos teus ollos, e comezaras a chorar. Pensabas que poderias finxir.

3 comentarios:

dami dijo...

eso de montar man de santo acabache coa saúde, ou quizais sexa andar tanto de festa con moccio. vas por mal caminho

Danny Raatzke dijo...

as tormentas de area non poden finxir, gústalles cravar as areuscas na pel e meterse nos ollos. As tormentas de area non finxen e non teñen piedade por natureza.

PD: REVOLUCION DO CRAVEL!!!!(cambiar as armas por craveis)

Chousa da Alcandra dijo...

A area pode resultar sumamente perigosa, cegándoche os ollos e feríndoche a pel. O mundo está cheiño de areas, por iso levamos moitas veces os ollos musgados e convertímonos en cebolas na procura de protección.

(O certo é que batín o teu bló por un puro casual. O seu nome case me semellaba unha advertencia de que aquí non debía vir eu a barrenar; pero o meu lado transgresor empurroume a vir. A partires de agora, tamén se pode dicir que "aquí tamén, Chou-sa" ;-))

Un saúdo!