1/08/2007

Tormenta de area

Pensabas que non. Pensabas que podias, que desta ias dar aguantado. Pronto entrarias en razon. Comezou todo por unha inquietude, unha dubida que pouco a pouco se ia agolpando na tua cabeza, (coma nun xuizo de animais de debuxos animados, onde un tribunal de paxaros acusate sen parar). Despois converteuse nun medo, o pulso comezou a temblar, e respiracion entrecortase, e ti que non queres afogar emites un longo suspiro. Ese suspiro dache unha tregua, que non e mais que un engano, no fondo sabes que e inevitable. Coma nunha tormenta de area. Protexeste de mil maneiras, agochaste dentro das tuas roupas, incluso con alguna capa de mais por riba para que te defenda. (Sinteste unha cebola, esa idea leva cara o que sempre pensamos que seria o fin disto). Engrunhaste en ti mesmo, recolleste todo nun intento desesperado para protexerte, pero e inevitable. A area implacable entrara nos teus ollos, e comezaras a chorar. Pensabas que poderias finxir.