12/29/2006

Insomnio

Estou atormentado, incomodo e molesto. Canso. Debaixo das desordeadas mantas revoltas pola trevoada, conservo algo de calor, e o unico que me apega a cama, a sensacion agradable de ter un rinconcinho corporalmente acolledor. Pero a minha mente negase o repouso. Penso, penso en cousas, escoito a mesma cancion na minha mente durante horas e horas, lembro pequenos pedazos da minha vida, comparo, valoro, recopilo, analizo, decido, renego, lembro, comparo, valoro, recopilo, analizo, decido, dubido e renego. Tentei cambiar de disco pero parece que en todos soa a mesma puta cancion. Aguanto, agarrome a idea que o sono chegara e todo acabara en calma, pero a angustia vese en aumento cada vez que viro a cabeza, collo o mobil e vexo con preocupacion a hora que e. Repitese e repitese, creando un macabro e masoca ritual de autocondena, "son horas xa!" fustigome verbalmente. Volto a lembrar e renego demasiadas veces ata que decido sair do meu refuxio. Faise a luz, molesta. Vai frio. Vistome apresa, e sen pensalo duas veces agarro as chaves; e collo o mobil, coa ilusion de que alguen este no meu mesmo estado e queira compartir as penas do momento. Coa ilusion de que me resolvan os problemas, para iso o levo, sabendo xa de anteman que non vai ser asi, que estou so, nesta tolemia. "Ninguen normal fai estas cousas, estas so" digome a min mesmo. Falar con un mesmo as veces e moi cruel. Agarro o abrigo, baixo as escaleiras pouco a pouco, non hai presa. Saio pola porta, alcanzo o exterior, apuro unha bocanada de aire, podo respirar a fin. Por uns segundos alcanzo o silencio na minha castigada silisa. So escoito o entrar e sair do aire, respiro tranquilo a madrugada e fresca, silenciosa, sintome acollido na soidade de ser un caminhante nocturno. Ergo a vista, miro cara arriba, fixome nos pequenos detalles, vexo cousas que non vexo de dia, a noite acolleme, acompanhame, e faime sentir un home forte, firme. Nestes momentos son o rei da cidade, do planeta mesmo, que me amosa a sua inmensidade, divagando, relaxado, noto o movimento da terra, penso na velocidade na que nos movemos, sen sabelo, sen notalo, pero eu nesta peripatetica situacion son consciente. Sen sair do mesmo parque movinme por miles de quilometros. Volto a realidade, cruzome con un inconsciente, que esta sacando a pasexar o can de boa madrugada e rio, non sabe canto se esta a mover.
Co sol, coma un motor vello que precisa quentar, e vai collendo ritmo pouco a pouco, a grande maquinaria da cidade ponse en marcha, pouco a pouco todo vai collendo ritmo. Decido voltar, con recelo, pensando que calquera dos demais poderia pensar de onde venho, sen conhecerme descubrir os meus segredos. Celoso de min apuro a chegada a casa de volta, estou realmente canso. Metome na cama. Soa a mesma puta cancion...

3 comentarios:

ReBe dijo...

DioR mío!!

NunCa tuvEn ins0mniO, e quiZáis por eSo nunCa o entenDín... hasTa ah0ra...

É increíbLe a f0rma na quE o naRRasTes... e díjoChe eSo porquE me fiXesTes sentir a deSesperasiÓn de n0n poder durmiR, a anSiedá que senTías, e mismO o sonO (aínda que wenO, s0no semPre teñO xDD).

FelisítoChe... n0n che sabía eu eSe d0n aLjodón que tiñas c0mo escriTor de susPense (poLo menOs) :s

Un bikas0 nenO... e durmE ben a parTir dah0ra pa coller forSas... que soLo faLtan 200 días pá d0rna e fai faLta estar mOi descanSado!! xDDDDDDDDDD

ToLéasmE viva!!

: @@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@~~~~~~

Chou dijo...

so podo dicir unha cousa...

festa da dornaaaa la la la la la la festa da dornaaaa...

bueno duas: a hormijonera la la la la la la a hormijonera!

jairov dijo...

Xa non estás só.
Saúdos dende o Zurdistán.